Thursday 09 de May de 2024

A Policía Autonómica realizou máis de 20 dispositivos esta fin de semana na provincia da Coruña para controlar as medidas ante a Covid-19


No marco destes controis os axentes levaron a cabo 18 inspeccións en 4 concellos da provincia coruñesa, nas que identificaron a 12 persoas

Axentes da Policía Autonómica levaron a cabo, durante esta fin de semana do 11 ao 13 de decembro, 20 dispositivos na provincia da Coruña no marco do plan de actuacións específicas destinadas á prevención, inspección e control do cumprimento das medidas adoptadas polas autoridades competentes pola covid- 19. Ao abeiro destes controis, os axentes realizaron 20 dispositivos e 18 inspeccións en catro concellos da provincia na pasada fin de semana, que deron como resultado a identificación de 12 persoas e a tramitación de 10 actas de infracción.
En base a este Plan, a Policía Autonómica destinou efectivos entre o 11 ao 13 de decembro a controlar que se están a cumprir as medidas vixentes para frear a expansión do virus.
Leváronse a cabo dispositivos en catro municipios da provincia en Boiro, A Coruña, Ordes e Santiago de Compostela.
No conxunto da comunidade galega, os axentes actuaron en 91 operativos en 20 municipios cun total de 101 inspeccións, con máis de 272 persoas identificadas e 38 denuncias tramitadas.
Estes dispositivos enmarcase no seo da colaboración entre as forzas e corpos de seguridade, cada unha no marco das súas competencias.
Durante os operativos, os axentes controlaron que nos establecementos abertos ao público, terrazas e espectáculos públicos se estaban a cumprir as medidas aprobadas polas autoridades sanitarias para facer fronte á covid-19, como o uso obrigatorio de máscara, o cumprimento da distancia de seguridade, así como o aforo e o horario de peche dos locais e a prevención do botellón.